17.1.12

XANTAR FIN DA TEMPADA 2011


Atendendo ás diversas peticións este ano decidimos pasar a cea de fin de tempada a un xantar. Este será o sábado 11 de Febreiro no noso local social de Maniños ás 14:30.
O Menú será o seguinte:
1º. Crema de Cogomelos (Zarrotas)
2º. Revolto de grelos, cogomelos e bacallau
3º. Xarrete ao viño tinto, puré de patacas e zanouras e cogomelos
Sobremesa: Requeixo da Capela
viño, auga, café e licores
As reservas nos teléfonos habituais.

7.12.11

DEGUSTACIÓN EN FENE




AQUÍ ALGUNHAS FOTOS DA DEGUSTACIÓN DE FENE DO DÍA 27 DE NOVEMBRO.
A degustación consistiu en Fabas con carne e boletus badius, Agaricus bisporus, Pleurotus ostreatus e algún que outro Boletus edulis.
Este ano a cousa estivo un pouco frouxa. (os vendedores dos postos tamén se queixaron) Esperamos que na vindeira edición a xente se anime un pouco máis.

24.11.11

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA


















Algunhas das fotos do ano pasado

O envío debe ser ao correo
amviriato@gmail.com








LEMBRAMOS A TODOS/AS SOCIOS/AS QUE ESTÁ ABERTO O CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
TANTO AS BASES COMO AS CONDICIÓNS SON AS MESMAS QUE AS DO ANO PASADO

PODE VERSE NO POST DO

29.11. 10.

DOMINGO 27 DE NOVEMBRO DEGUSTACIÓN POPULAR EN FENE (FEIRÓN)

O domingo 27 faremos a tradicional degustación de Fene. con este acto remataremos as XV Xornadas Micolóxicas do Concello de Fene.
ESPERAMOS CONTAR CON TODOS/AS PARA ESTE EVENTO
SAÚDOS

9.10.11

ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN PARA A TEMPADA 2011-2012

Aspecto da cea de inauguración da tempada 2011-2012

Actividades 2011-2012

Todos os sábados sairemos de Sillobre ás 9:00 ao monte

Todos os luns reunión da xunta diretiva ás 19:00 mo local social de Maniños. Desde as 18;30 atenderemos as solicitudes de clasificación.

Xornadas micolóxicas de Fene:

Curso de iniciación 19 e 20 de outubro. 22 e 23 de novembro curso de microscopía. Domingo 27 degustación popular en Perlío (feirón)

Cea do día 8:

O sábado 8 de outubro cea de inauguración de tempada.

Menú: Sopa de rubescens con croques, gulas con cogomelos, corzo con compota de mazá, castañas e cogomelos. Sobremesa: Figo con xirope, cantarelus cibarius e queixo fresco.

Excursión a Soto del Barco:

15 e 16 de outubro excursión a Soto del Barco Asturias.

Arume:

Curso de iniciación para a sociedade rural Arume 18 de outubro con saída ao monte o 22 sábado.

Xornadas Rubia Barcia:

Serán o 20, 21 e 22 de outubro. Exposición o día 20. O 21 será a degustación e o 22 a saída ao monte.

Xornadas de Ferrol

Do 8 ao 12 de novembro. Martes 8 conferencia de Julián Alonso Díaz “ A familia Boletacea en Galicia”. As conferencias serán ás 7: 30 no Centro Cultural Torrente Ballester. Día 9 conferencia de José Mª Traba Velay “ A familia Macrolepiota e afíns”. Cantón de Molíns 10 e 11 Macroexposición, visita de colexios, concurso de carteis e saída ao monte.

Pedro Roca:

Participaremos no mes dos cogomelos no Restaurante Pedro Roca.

Arco Atlántico Maliaño (Santander):

A nosa participación será numerosa no VI Congreso Internacinal do Arco Atlántico.

Parque Micolóxico.

Seguiremos co seguimento quincenal do Parque Micolóxico e as visitas guiadas para os colexios da comarca.

13.6.11